Juan Jesús Rodriguez sustitúe a Carlos Álvarez (por enfermidade)  no concerto de clausura da Programación Lírica. Xunto a María José Moreno e á Orquesta Gaos, baixo a batuta de Fernando Briones, ofrecerán un programa con Arias, romanzas, dúos e escenas de óperas e zarzuelas de Charles Gounod, Giuseppe Verdi, Reveriano Soutullo, Amadeo Vives, …
 
Fai xustamente 25 anos, unha xove soprano granadina, hoxe feliz residente da nosa cidade, debutaba para Amigos de la Ópera cantando o rol da boneca de Os Contos de Hoffmann para deleite do público, que xa soubo recoñecer nela de inmediato á gran soprano lírico-lixeira da súa xeración entre todas as españolas. Despois virían outras colaboración, con hitos como a súa última Lucia di Lammermoor de 2013. Para celebrar esta efeméride hoxe  reunimos á soprano María José Moreno e ó barítono Juan Jesùs Rodríguez nun excepcional programa de ópera e zarzuela, con arias, dúos e escenas, e a participación da estupenda Orquestra Gaos baixo a batuta do director coruñés Fernando Briones.

Entradas xa á venda  AQUI