OBRAS MESTRAS DO BARROCO

A Orquestra Gaos presenta un programa con algunhas das obras máis representativas do barroco italiano e alemán, onde Vivaldi, Bach ou Haendel son os grandes protagonistas.

Antonio Vivaldi quixo plasmar nas Catro Estacións os sentimentos que despertaban nel cada unha das estacións do ano. Os violíns, a orquestra de cordas e o baixo consiguen imitar o canto dos paxaros, os ladridos dos cans e o son da agua dos regatos… O concerto para dúas trompetas en do maior é unha das poucas obras en solitario de principios del 1700 que inclúe instrumentos de vento. É a única peza deste tipo de Vivaldi. A súa rareza débese ás dificultades inherentes á trompeta barroca. Nese momento, as trompetas eran naturais ou sen válvulas e o seu rexistro dependía en gran parte da destreza do intérprete no control do aire.

Os concertos de Brandeburgo constitúen unha colección de seis concertos que J. S. Bach lle presentou en 1721 ó marqués Christian Luis de Brandeburgo-Schwedt. O terceiro concerto que, está escrito orixinalmente para 4 violíns, 3 violas e 3 violonchelos, foi arranxado para solo 3 violíns, 3 violas, 3 violonchelos (ademáis do baixo continuo). Aínda que mantén a influencia italiana do segundo, Bach prescinde nesta ocasión dos instrumentos de vento para darlle todo o protagonismo ás cordas. Todo está fundamentado en breves motivos rítmicos, traballados contrapuntisticamente. O Adagio só consta de dous acordes: un inicial e outro final, que forman unha semicadencia frixia. O Allegro é unha danza ó estilo da giga.

A música acuática de Haendel é unha colección de movementos orquestrais recollidos en tres suites. Foi estreada o 17 de xullo de 1717 a requerimento do rei Jorge I e interpretada nunha barcaza sobre o Támesis. Haendel escribe o oratorio “Salomon” en 1748, no que conta a historia do rei Salomón, que se namora da fermosa Raíña de Saba (actual Etiopía – Iemen), unha princesa de cor, á que o rei xudeo adica o seu Cantar dos Cantares. O programa remata coa chegada da raíña para coñecer ó rei xudeo.

Podes mercar as túas entradas aquí