Xa están á venda as entradas para o noso vindeiro concerto no que contaremos coa arpista Alba Barreiro que nos ofrecerá a obra de Juan Durán “Pórtico da Illa de Monteagudo”, que é un chamamento á conservación da natureza. Ademais, a Orquesta Gaos interpretará por primeira vez a sinfonía no. 4 de Tchaikovsky na que o compositor ruso trata sobre o desamparo esencial do home ante o Destino. En palabras do propio Tchaikovsky: “A Introducción é o xerme, a quinta esencia, o principal pensamento de toda a sinfonía. Este é o Destino, o fatal poder que impide que a ansia de felicidade chegue á súa meta, que coida celosamente que a ledicia e a paz non logren impoñerse, que o ceo non estea libre de nubes: unha forza que pende constantemente sobre nós coma unha espada de Damocles, e que incesantemente enturbia o noso espírito. Este Poder é todopoderoso e invencible. Non nos queda outro recurso que someternos e laiarnos inutilmente…”
Xa podes mercar a túa entrada aquí.