Pincha aquí para ir ao formulario

BASES DO I CONCURSO DE SOLISTAS ORQUESTA GAOS

  1. Obxecto

A Orquesta Gaos convoca o I Concurso de Solistas Orquesta Gaos co obxectivo de promover e apoiar a novas persoas intérpretes, ofrecéndolles a oportunidade de actuar como solistas con orquestra.

  1. Participantes

Poderán participar intérpretes de calquera instrumento, sen distinción de nacionalidade.
Establécense tres categorías segundo a idade das persoas participantes, tendo en conta que actuarán como solistas no ano 2027:

  • Categoría I (ata 11 anos): nadas no ano 2016 ou posteriormente.
  • Categoría II (ata 14 anos): nadas entre 2013 e 2015.
  • Categoría III (ata 18 anos): nadas entre 2009 e 2012.

A idade máxima para participar será de 18 anos (nadas no ano 2009 ou posteriormente).

  1. Fases do concurso

Primeira fase – Selección por vídeo

A participación nesta fase realizarase mediante o envío dunha gravación en vídeo.
O vídeo deberá ser recente e amosar claramente á persoa intérprete.

Nesta fase, as persoas participantes poderán interpretar libremente o repertorio que desexen, incluíndo obras para instrumento solo, con piano ou con acompañamento orquestral. A obra presentada nesta fase non ten por que coincidir coa que se interpretará na fase final


Segunda fase – Fase presencial (final)

As persoas seleccionadas pasarán á fase final, que se celebrará de forma presencial.

Data: 28 de novembro de 2026.

Lugar: A Coruña.

Nesta fase, as persoas participantes deberán interpretar obrigatoriamente unha obra para instrumento solista con acompañamento de orquestra. A obra presentada deberá ser susceptible de interpretación coa Orquesta Gaos.

  1. Inscrición

As persoas candidatas deberán presentar:

  • Formulario de inscrición debidamente cumprimentado.
  • Ligazón ao vídeo da primeira fase.
  • Copia do DNI ou pasaporte.
  • Breve currículo artístico.

A inscrición realizarase dentro do prazo establecido con data límite o 13 de novembro de 2026.

  1. Xurado

O tribunal estará composto pola dirección artística da Orquestra Gaos, por dúas persoas integrantes da orquestra e por dúas persoas profesionais convidadas pola Orquestra Gaos.

As súas decisións serán inapelables.

  1. Premios

As persoas gañadoras de cada categoría actuarán como solistas coa Orquestra Gaos nun concerto programado para a tempada 2026/2027.

O xurado poderá outorgar mencións especiais se o considera oportuno.

  1. Aceptación das bases

A participación no concurso implica a aceptación íntegra destas bases.

  1. Organización

A organización resérvase o dereito de modificar calquera aspecto das presentes bases por causas xustificadas.