CONCERTOS CONTADOS
Un Concerto contado é unha experiencia cultural completa. Non vés só escoitar.
Vés mirar: de onde sae esta música, quen a escribiu e que estaba pasando arredor.
Vés reflexionar: que ten que ver esa obra coa literatura, co cine, co que discutimos hoxe.
E vés apreciar: descubrir que buscar mentres soa, para que non se che escape o que está pasando.
Porque aínda que nunca cho contasen, a música de orquestra é moito máis actual do que semella.

CONTEXTO
Quen escribiu esta música, en que momento e por que soa así.
CLAVES DE ESCOITA
Que buscar mentres soa.
DIÁLOGO CON OUTRAS ARTES
Literatura, cine, artes visuais, pensamento actual. A música deixa de estar illada para conectar co momento presente e cos nosos oíntes.
VÍNCULO CO PRESENTE
Que nos segue dicindo hoxe unha obra escrita hai douscentos anos.


