A música é un elemento imprescindible que enriquece as grandes historias que nos ten contado o cine. É por esto que a GAOS quere celebrar o seu duodécimo Nadal ofrecéndolle ó seu público a oportunidade de revivir moitas destas grandes historias.

Durante casi dúas horas viviremos a loita entre a forza e o lado escuro, observaremos ás grandes criaturas do xurásico, o ataque de extraterrestres que queren conquistar a terra, pero tamén a visita de algún que só quere volver á casa, a maxia de tres magos novos na súa loita contra o que non debe ser nomeado ou a estrambótica personalidade dun célebre pirata.

Acompáñanos nesta fantástica aventura e desfruta da enerxía desbordante e da música coa que a Gaos quere felicitar estas festas. No Teatro Colón da Coruña o 22 de decembro e no Auditorio Carmen Estévez de Vilalba o 23 de decembro.

Podes mercar as túas entradas para o Teatro Colón aquí.

Merca as tus entradas aquí (Teatro Colón, 22 dicembro)