A Orquesta Gaos debutará na primeira edición do Festival de Ópera de Lanzarote da man do seu director titular, o Maestro Fernando Briones, cunha das óperas máis importantes do catálogo verdiano: Rigoletto.

Rigoletto é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi (Bussetto, 1813 – Milán, 1901) e libreto en italiano de Francesco Maria Piave, basado naa obra teatral Le Roi s’amuse (O rei se divirte) de Víctor Hugo.

Trátase dun drama de paixón, engano, amor filial e venganza que ten como protagonista a Rigoletto, o bufón xorobado da corte do Ducado de Mantua.

Antes da súa estrea a ópera tivo grandes problemas coa censura por considerala coma inmoral e obscena. A obra de Víctor Hugo representaba a un rei (Francisco I de Francia) como un seductor cínico e inmoral, algo que resultaba inaceptable na Europa da Restauración posterior ás guerras napoleónicas. O propio autor tivera problemas coa censura en Francia, que prohibira produccións desta obra despóis da súa primeira representación case vinte anos antes. Tras un tira e afloxa entre os censores e o compositor, e grazas á diplomacia dos administradores do teatro puxéronse dacordo con Verdi e o libretista para que se realizaran modificacións mantendo o fundamental. Cambiáronse nomes de persoaxes e lugares do emprazamento da obra de maneira que non se podía ofender a ninguén e outras cousas menores conservando o núcleo do drama.

A estrea tivo lugar o 11 de marzo de 1851 no Teatro La Fenice de Venecia obtendo gran éxito popular. Foi un triunfo completo, especialmente a escena dramática, e o aria “La donna è mobile” cantábase polas rúas ao día siguiente.

Rigoletto forma xunto con Il trovatore e La traviata (ambas de 1853), a triloxía popular operística que compuso Verdi a mediados da súa carreira, convertíndose nun fito do repertorio operístico estándar e é unha das óperas máis interpretadas mundialmente.

 

EQUIPO ARTÍSTICO

Director musical: Fernando Briones
Directora de escea: Giorgia Guerra
Director do coro: Juan Ramón Vinagre
Iluminación: Shelma Zebenzui
Son: Enrique Mateu
Maquillaxe: Omar Wade
Produción: Preventos Media
Rexiduría: Luis López Tejedor

REPARTO

Rigoletto: Borja Quiza
Gilda: Ruth Terán
Il Duca: Antonio Gandía
Sparafucile: Manuel Fuentes
Maddalena: Blanca Valido
Monterone: Borja Molina
Marullo: Samuel Modino
Borsa: Orlando Niz
Il Conte di Ceprano: Bora Ortega
La Contessa / Giovanna: Silvia Zorita
Un paggio: Sara Fernández

Coro do Festival de Ópera de Lanzarote
Orquesta Gaos

As entradas xa se poden adquirir desde aquí